lunes, 4 de abril de 2016

E se algo empeza a moverse!!!

Nesta sociedade da que en multitude de ocasións nos queixamos . Tamén ten "persoas e personiñas" boas .
Son estas ás que debemos prestar a nosa atención e nas que depositaremos o noso gran de esperanza.
Estou i estamos demasiado fart@s  de tantos momentos convulsos, do pesimismo que parece estar instalado na nosa  sociedade. Hai que sacar fóra os nosos medos e berrar  que somos libres, que o noso futuro, do  que somos responsables, o facemos NÓS . 
Non podemos, nin debemos esperar a que os cambios nos veñan dados ( aínda que sería a opción lóxica)
Estes días comprobei (na miña familia cercana) este cambio i esa é a semente revolucionaria que nos importa e na  que confiamos .
O  sol, o agua e a  boa  terra , farán  que siga xerminando. Queremos unha boa pranta , unha árbore  " forte" que nos dé frutos. Nós encargaremonos  de darlle os suficientes cuidados para que chegue a ser unha  árbore frondosa-
A  sociedade a conformamos  personas , as cales deben ter uns valores bós e como di Temple Grandin  ( n. agosto de 1947 en Boston ; zoóloga, etóloga e profesora da Universidade de Colorado,) quen  debido a súa condición de autismo postula que  a sociedade necesita todo tipo de mentes. Gústoume escoitar moi preto a mín : "¿ porqué este año no ponemos globos azules?." Algúns problemas impediron que na nosa  casa se colocaran  pero... mira ti, ,  unha PERSONA, pensando en mín e noutras  moitas familias diferentes e ao mesmo tempo  "normales" ( como se reflicte na imaxen do meu blog) puxéronnos e así danlle visibilidade ao "autismo" , ese gran descoñecido antes e que agora  empeza a convertirse en " normal".


                                                                         Deputación de Pontevedra


Os pais e nais loitadores que ven na dispacidade un dereito , ao que as nosas s institucións deben dar resposta, comenzan a vislumbrar unha pequena luz.
No autismo as barreiras que hai que romper son  " de incomprensión"  como di no seu blog Seso Durán, pai de Manuel, na seguinte conversa ,  feita por Sermos Galiza, co gallo do  día da Concienciación do Autismo ,2 de abril 

Aínda queda moito por facer. Debermos seguir medrando e convertirnos nunha sociedade Auténtica, na que sexamos quen de recoñecernos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario