martes, 27 de agosto de 2013

Importancia da lateralidade no acto de ler


LECTOESCRITURA E..LATERALIDADE

 

         A
 lateralidade é  unha función complexa que se deriva da organización binaria do noso sistema nervoso. De feito, gran parte do noso corpo se articula de forma doble: dous ollos, dous oídos, dúas orellas, dous pulmóns, dous riles, etc. Noso cerebro igualmente dispón de dúas  estructuras hemisféricas especializadas e que son as responsables de controlar todo o complexo sistema dual, integrando a diferente información sensorial, orientándonos no  espazo e o  tempo e, en definitiva, interpretando eficientemente o mundo que nos rodea.

 
O acto de ler cando se realiza co hemisferio dereito está baseado en técnicas visoespaciales  , por exemplo palabras enteiras ou método “ver-dicir”. Este método é usado  na Estimulación Temperá, e o neno pequeno vai recoñecendo palabras completas e así vai asociando as grafías destas palabras os seus sons.

 

A lectura co hemisferio esquerdo implica descodificar símbolos individuales .O neno vai interpretando letras que van combinándose para reproducir os diferentes fonemas que forman as palabras.


Hai un momento no proceso de aprender a ler en que o equilibrio do cerebro pasa de dereita a esquerda. Aproximadamente entre os 6 ou 7 anos.


Cando comenza a aprendizaxe da lectura e escritura o neno necesita contar cunhas coordenadas ben definidas para poder organizar a información sobre o papel senón hai unha gran tendencia ó desorde. Aquí é onde pode aparecer a dislexia.

 


Normalmente  diferéncianse  catro tipos de preferencia ou dominancia: Manual, Podal, Ocular e Auditiva

Falamos de
lateralidade homoxénea cando man, pé, ollo e oído ofrecen unha dominancia no mesmo lado xa sexa no lado dereito (diestro) ou esquerdo (zurdo). Estamos ante unha lateralidade cruzada cando existe unha lateralidade distinta da manual para pes, ollos u oídos (por exemplo, man dereita dominante con dominio do ollo esquerdo). Nestes casos tamén se fala de “asimetría funcional”, e esta é a que pode provocar (aínda que non sempre) dificultades no aprendizaxe.

O obxectivo da  dominancia lateral é dirixir o sistema dende unha referencia clara. Unha lateralidade  mal establecida é o caso do neno  ambidiestro: esto é  como un coche con dous volantes e  dous conductores… leva ó caos. Os dous hemisferios compiten , o  obxectivo é  que cheguen a colaborar.

 


MIRA COMO ERES QEN DE LER AS SEGUINTES VERBAS
EL ODREN NO IPMOTRA
SGEUN UN ETSDUIO DE UNA UIVENRSDIAD IGNLSEA, NO IPMOTRA EL ODREN EN EL QUE LAS LTEARS ETSAN ERSCIATS, LA UICNA CSOA IPORMTNATE ES QUE LA PMRIREA Y LA UTLIMA LTERA ESETN ECSRITAS EN LA PSIOCION COCRRTEA. EL RSTEO PEUDEN ETSAR TTAOLMNTEE MAL Y AUN A SI PORDAS LERELO SIN POBRLEAMS. ETSO ES PQUORE NO LEMEOS CADA LTERA POR SI MSIMA, SNIO LA PAALBRA EN UN TDOO.


* En este texto vemos una prueba de cómo colaboran los dos hemisferios a la hora de leer en el caso de un buen lector sin problemas de lateralidad y con un Cuerpo Calloso bien desarrollado (recordemos que es éste el que realiza el trasvase de información de un hemisferio al otro). En la lectura de estas palabras desordenadas, el hemisferio izquierdo interpreta las letras y lee propiamente dicho, pero el derecho reconoce las palabras como un todo, como una imagen, por lo que impide que el desorden en las letras entorpezca la lectura


Problemas de aprendizaXe-(pincha aquí)

Aínda que non todos os nenos que teñen lateralidade cruzada presentan problemas de aprendizaxe, sí é  certo que teñen maiores posibilidades de padecer:

- Dificultade na automatización da lectura, a escritura ou cálculo.      
- Ler moi lento e con pausas.    
- Dificultade de atención. Hiperactividade.  
- Problemas para organizar adecuadamente o espazo e o  tempo.
- Dificultades na ordenación da información codificada.      
- Confusións dereita-esquerda que dificultan a comprensión da decena, centena.
- Confusión entre la suma y la resta o la multiplicación y la división. Tamén de sílabas directas e inversas.       
- Desmotivación. Escaso o nulo interese en algunhas actividades.   
- Torpeza psicomotriz. Confusión para situarse a dereita ou esquerda a partir do eixo medio corporal.      
- Mellor nivel de comprensión das explicacións verbais que das tarefas escritas.
- Preferencia polo cálculo mental que o escrito.
- Pode presentar disgrafía, dislexia, discalculia, tamén dislalias, e tende a expresar o contrario do que pensa.       
- Escribir letras e números en forma invertida, como reflexadas nun espello.

- Incapacidade para concentrarse nunha una única tarefa durante un espazo de tempo determinado.  
- Segundo o  perfil do neno pode manifestarse inhibición, irritabilidade, desesperanza, reaccións  desmedidas, baixa  autoestima, etc.

 

Actividades que fvorecen a súa aprendizaxe


 
- Sinalar, recoñecer e nomear cada unha das partes e detalles, no  corpo propio e no  doutro.
- Recoñecer  erros en dous debuxos semellantes.
- Recoñecer a posición que se ten respecto a un obxecto: á dereita, esquerda,detrás,..
- Lanzar e tomar obxectos, balóns...
- Tirar a un blanco situado a unha distancia cada vez maior.
- Batir palmas e pitos alternativamente.
- Abrir e pechar a man rápidamente.
- Tocar cada dedo co pulgar da man respectiva.
- Lanzar obxectos cunha man e coa  outra.
- Manter un obxecto en equilibrio nunha man mentres que coa outra faise  outra acción.
- Realizar debuxos cos dedos, ben con pintura adecuada en papel grande, sobre area ou na  pizarra  co dedo mollado.
- Repasar a propia man dominante, contorneándoa cun lápiz, coloreándola e picándola.
- Cos ollos pechados  identificar qué obxectos están situados na dereita ou na esquerda
- Realizar recorridos, previamente marcados no chan, que impliquen xiros, curvas, etc., cara esquerda ou dereita .
- Localizar qué obxectos hai á dereita ou esquerda dun río ,etc.
- Debuxar pequenos obxectos á esquerda ou derita doutro xa debuxado
- Escribir parellas de palabras que comencen por letras de simetría inversa: dame-baixo, pera-queixo, etc.
- Actividades de movementos dos ollos: movimientos direccionais ( arriba, á  dereita, etc.), movementos cun só ollo (mirar a través dun tubo, pechar un ollo e mirar cara  un obxec...).
- Actividades de recortado e pegado.
- Actividades de reseguido de liñas, camiños e  laberintos.

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario